DIA DO LIBRO
Estamos a punto de festexar o dia do libro, algo que non deberia pasar desapercibido das aulas; posto que todolos dias estamos a fomentar o uso da lectura xa sexa contando contos, adiviñas, poesias,.... e esa é a nosa labor como docentes e como pais colaborar a que ese uso vaia a máis. O traballar con contos o que debemos ter en conta e de non olvidarnos dos contos tradicionais xa que isto é algo que moitos nenos non coñecen e entre todos debemos recuperar esta tradicion tan importante.
Nós nas nosas escolas estamos a traballar este tema en cada aula, a parte de traballar como todolos dias a lectura de algun conto adaptado ás idades dos nenos estamos a facer un punto de lectura para que leven de recordo de este dia do LIBRO e para que si na casa lle contan algun conto e non rematan poidan usalo para poder continuar outro dia.
FELIZ DIA DO LIBRO

Meneame
del.icio.us